VIAXE CULTURAL DA ESCOLA DE MAIORES A PONTEVEDRA
Onte, 3 de xuño, 31 persoas da Escola de Miores do Concello de Xove fixeron unha viaxe cultural a Pontevedra.
Pola mañá, pasearon polo casco histórico da cidade, percorrendo as súas prazas (Praza de Ourense, da Ferrería, da Verdura,...) e visitando a Iglesia da Peregrina, a Basílica de Santa Maria a Maior, o mercado de Abastos,... Este percorrido foi guiado por unha téncica municipal da Oficina de Turismo de Pontevedra.- Despois de xantar, pasaron a tarde na vila de Combarro.
Nesta viaxe, estiveron acompañados pola Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad.