Termalismo Social IMSERSO 2012
Requisitos das/dos solicitantes:
Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Ponderaranse as seguintes variables:
- Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
- Situación económica dos solicitantes.
- Idade dos solicitantes.
- Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
- Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
- Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
O/A solicitante poderá ir acompañado do seu cónxuxe ou da persoa con quen conviva en relación de parella, para a que non se esixe a obriga de percibir pensión da Seguridade Social.
Beneficios:
As quendas terán unha duración de 12 ou de 10 días cada unha comprendendo os seguintes servizos:
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
- Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
- Póliza colectiva de seguro.
- Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
- En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Documentación:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2011, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:
Solicitude (dispoñible próximamente) A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Prazo de presentación:Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos inclusive): Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de xaneiro de 2012. Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de agarda de prazas: ata o día 16 de maio de 2012. Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive): Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de maio de 2012. Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera de prazas: ata o día 30 de outubro de 2012.