Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Inscripción para o desfile de Antroido 2010
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2010, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 13 DE FEBREIRO a partires das 5 da tarde.
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
  • Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 12 de febreiro incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.
  • O mesmo día do desfile (13 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 13 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

As BASES do Desfile “Antroido 2010” en Xove, son as seguintes:

-DESFILE E PERCORRIDO.- O desfile vai ter lugar o sábado 13 de febreiro ás 17:00 horas (5 da tarde). O PERCORRIDO do mesmo vai ser: saída do Campo de Fútbol, pasando por diante do IES Illa de Sarón e do Pedro Caselles ata sair á Avenida Deputación, continuamos pola Avda. Deputación ata desviarnos á dereita por Doutor Baamonde Illade, cortamos polo Camiño Real e chegamos ao Centro Cívico. Os/as participantes (carrozas, comparsas, grupos, etc.) durante o desfile só poderán ocupar un carril no desfile, dahí que a montaxe que presente non pode exceder do ancho dun carril normal.

-INSCRICIÓN.-  Hai que realizala en:

  • -Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 12 de febreiro incluido.
  • -O mesmo día do desfile (13 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

-NORMAS DO DESFILE:

  • -A organización facilitará un dorsal a cada participante ou grupo de participantes, o cal será obrigatorio levar durante o Desfile para que o Xurado poida realizar a súa laboura con axilidade e comodidade. É importante gardar a orde de saída durante todo o desfile, deixando unha distancia prudente entre o anterior e o posterior.
  • -Prégase puntualidade a tódolos participantes co fin de facilitar a organización do Desfile; o retraso poderá ser causa de descalificación, sendo o Xurado o encargado de tomar este tipo de decisións.
  • -Poderanse levar animais ao Desfile sempre que non representen un perigo para o público e participantes; en ningún caso se permitirá ningún tipo de maltrato aos animais, podendo o Xurado tomar medidas ao respecto, mesmo descalificar.
  • -Cada participante será responsable dos danos que poida ocasionar a terceiras persoas.
  • -Sen renunciar á crítica e á sátira propias destas datas, a organización non permitirá representacións de carácter obsceno, que poidan ferir a sensibilidade dos espectadores, tendo en conta tamén que a estes desfiles, ademáis de ser actos totalmente públicos,  soen acudir moitos nenos.

-ENTREGA DE PREMIOS.- O mesmo día do Desfile, na Pavillón de Deportes, nun descanso das orquestras, farase entrega aos gañadores (agás os individuais infantís) dun cheque-regalo que poderán facer efectivo nas dependencias do Concello (Tesourería Municipal) dentro do prazo dos 15 días seguintes ao da entrega. Non obstante, para a percepción do cheque-regalo será obrigatorio levar postos os disfraces. Os premios individuais infantís entregaranse nun descanso do Baile Infantil que se vai celebrar no Salón de Actos.

-AGASALLOS: Tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 13 de febreiro) recibirán un pequeno agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización

A inscrición e participación neste Desfile implica a aceptación das presentes normas incluidas nestas Bases. A organización resérvase o dereito de calquer modificación que por forza maior se vira obrigada a efectuar.

 

En canto ás modalidades e premios do Desfile, temos:

 

 

 

CARROZAS:

  • 1º Premio: 500
  • 2º Premio: 300
  • 3º Premio: 200
  • 4º Premio: 100

 

 

 

GRUPOS E COMPARSAS:

  • 1º Premio: 300
  • 2º Premio: 250
  • 3º Premio: 150
  • 4º Premio: 80

 

 

 

 

PARELLAS:

  • 1º Premio: 110
  • 2º Premio: 80
  • 3º Premio: 50
  • 4º Premio: 30

 

INDIVIDUAIS ADULTOS:

  • 1º Premio: 60
  • 2º Premio: 45
  • 3º Premio: 30
  • 4º Premio: 20

 

INDIVIDUAIS INFANTIL:

  • 1º Premio: 40
  • 2º Premio: 30
  • 3º Premio: 20
  • 4º Premio: 10

 

(*) Os premios son en contía líquida, a percibir polo gañador, aplicándose a retención do IRPF de 18% só cando o premio supere os 300 €uros, co que se vería afectado únicamente o 1º premio de carrozas.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo