Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Xove coorganiza o certame ‘Imaxes con Fondo’ para premiar fotografías solidarias e concienciadoras

O Concello de Xove anima ás veciñas e veciños con inquietudes fotográficas a participar na segunda edición do certame ‘Imaxes con Fondo’, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que a administración local é social. O concurso convida á reflexión arredor da solidariedade e da nosa responsabilidade na construción dun mundo máis xusto.

Na categoría de persoas adultas, o primeiro premio será unha viaxe a Nicaragua co fin de realizar un traballo fotográfico sobre os proxectos apoiados pola entidade organizadora no país centroamericano. A sección xuvenil, dirixida a mocidade de entre 14 e 17 anos, está dotada cunha cámara réflex. En ambos os dous casos, o segundo posto recoñecerase cunha cesta de produtos de comercio xusto e o terceiro cun lote de películas de temática social.

‘Cambia, reivindica e constrúe’ é o lema do apartado para persoas adultas, no que se buscan imaxes que reflictan como determinadas prácticas das sociedades do Norte inciden negativamente sobre os pobos do Sur, contribuíndo así a concienciar sobre os efectos da globalización e a crear unha cidadanía global que denuncie as insxustizas. Á categoría xuvenil, titulada ‘A solidariedade dá sentido ás nosas vidas’, poderán presentarse fotografías que amosen actitudes solidarias na nosa contorna ou ben que denuncien a insolidariedade, tanto no día a día coma en mobilizacións ou outras actividades.

Unha vez pechado o prazo para a recepción das propostas, que remata o 15 de novembro, a selección das imaxes gañadoras levarase a cabo a través de dous procesos complementarios online e offline. Durante un período duns dez días as e os internautas poderán votar a través do perfil do Fondo Galego en Facebook. A posteriori, as quince fotografías máis votadas de cada categoría serán valoradas por un xurado de persoas expertas, que seleccionará as propostas gañadoras. O fallo darase a coñecer no mes de decembro.

O concurso ‘Imaxes con Fondo’ está aberto a persoas de calquera nacionalidade, sempre que residan en Galicia. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías, con cadanseu título e acompañadas dun ‘tweet’, unha mensaxe en galego de 140 caracteres. Só se admitirán obras inéditas, en cor ou en branco e negro, con formato jpg e unha resolución mínima de 300 ppp, dun tamaño que non exceda os 5 MB. As condicións para a presentación e as bases ao completo poden consultarse en www.fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo. A organización atenderá as dúbidas a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

Clases maxistrais e obradoiros .- En paralelo ao concurso, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está a promover clases maxistrais e obradoiros de fotografía social en 16 concellos socios. O recoñecido fotógrafo Gabriel Tizón imparte as master class tituladas ‘Compromiso coa mirada’, mentres que os obradoiros están a cargo do fotoxornalista Rober Amado, gañador de Imaxes con Fondo en 2012. Senllas actividades intégranse no Plan de Sensibilización 2014 do Fondo Galego, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

O Fondo Galego.- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 87 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

 

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo