Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Grabando un documental sobre o polbo en Xove

O percebe e o polbo son os protagonistas dunha Curta-Documental que se está a gravar en xove esta semana.

O proxecto impulsado desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove e financiado polo Galp Mariña Ortegal, Construír o Futuro de Xove Mirando ao Mar, continúa realizando actividades no municipio Xovense. Agora mesmo están inmersos na gravación dunha curta-documental sobre o percebe e o polbo a través da cal se pretende abordar a calidade dos produtos pesqueiros e concienciar sobre a importancia da pesca sostible como ferramenta para mellorar o coidado dos ecosistemas nos que se dan estes produtos.

Marisqueiras e persoas representantes de diferentes entidades públicas e institucións como as Confrarías ou a Delegación de Pesca da Consellería do Mar, son as voces deste proxecto. Encargaranse de contar o proceso de extracción do percebe e o polbo, desgranar as diferentes normativas que rexen o sector e mesmo desvelarnos os motivos dos altos prezos que acadan estes produtos no mercado.  

Participan na rodaxe un equipo de cinco persoas integrado polo director xovense Lázaro Louzao, a axente de desenvolvemento local Rosa Lage, o educador ambiental Diego Vázquez Miramontes, a deseñadora Sol Álvarez e o produtor do proxecto Fabián Ben Conde de EMARELA.

Expo do Polbo

Dende o 23 de marzo e ata o 16 de abril a exposición ‘O Polbo e o seu Ecosistema’ estará na sala de exposicións do salón de actos do Concello de Xove desde as 10:00 ata as 21:00. O ingreso realizarase pola entrada situada na praza do Concello.

+info: http://mirandoaomar.xove.es/exposicions/o-polbo-e-o-seu-ecosistema

 

Festa do Polbo 2018

Curso de Socorrismo e instalacións acuáticas 2018

DECRETO DE ALCALDÍA

D. JOSE DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde Presidente do Concello de Xove,

VISTO o expediente tramitado na Oficina Municipal de Emprego relativo á Acción Formativa dirixida prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas (Expediente AFD 2017/000267-2) regulada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante a Orde do 7 de marzo de 2017.

VISTO que, ao abeiro da Orde de referencia, por resolución da Xefatura Territorial en Lugo da devandita Consellería concedeuse ao Concello de Xove unha subvención por importe de 27.018´00 € para o curso de formación profesional para o emprego 2017/102689 da especialidade AFDP0109-SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS.

VISTO que polo Servicio Público de Emprego de Burela tense remitido ao Concello de Xove un número de candidatos ( 35 ) superior ás prazas de alumnos previstas para dito Curso ( 15 máis 5 de reserva ) sendo en consecuencia necesario establecerse aprobar unhas bases regulamentadoras da selección dos alumnos.

Polo presente e no uso das competencias que en materia de persoal me outorga o art. 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, ACORDO:

PRIMEIRO.- Aprobar as bases que regulamentaran a selección dos alumnos do curso de formación profesional para o emprego 2017/102689 da especialidade AFDP0109-SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS.

Todos os candidatos deberán realizar na Piscina Municipal do Concello de Xove en data e hora que se publicitara axeitadamente, unha proba de natación en estilo libre de 200 metros, eliminaranse as persoas que non consigan completar os 200 metros nadando de forma ininterrompida, así coma aquelas que empreguen máis de 5 minutos.

Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, excluíndo as persoas eliminadas.

A seguir se efectuará:

    •     PRIMEIRA SELECCIÓN: Entre as persoas desempregadas enviadas pola Oficina Pública de Emprego de Burela que acrediten ter superados os módulos: MF0269 (NATACIÓN: UF0907 + UF0908) e máis MF0272 PRIMEIROS AUXILIOS.
    •     SEGUNDA SELECCIÓN (Se non se cobren as 15 prazas coa selección anterior): Entre as persoas desempregadas enviadas pola Oficina Pública de Emprego de Burela que non acrediten ter superados os módulos: MF0269 (NATACIÓN: UF0907 + UF0908) e máis MF0272 PRIMEIROS AUXILIOS.
    •       TERCEIRA SELECCIÓN (Se seguen sen cubrirse as 15 prazas coa selección anterior): Entre as persoas en activo que o acrediten e que se presenten libremente na aula no momento da selección que acrediten ter superados os módulos: MF0269 (NATACIÓN: UF0907 + UF0908) e máis MF0272 PRIMEIROS AUXILIOS.
    •      CUARTA SELECCIÓN (Se seguen sen cubrirse as 15 prazas coa selección anterior): Entre as persoas en activo que o acrediten e que se presenten libremente na aula no momento da selección que non acrediten ter superados os módulos: MF0269 (NATACIÓN: UF0907 + UF0908) e máis MF0272 PRIMEIROS AUXILIOS.

En aplicación do DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia (Artigo 50) en materia de igualdade reservarase un 50% das prazas para mulleres en cada unha das catro fases da selección.

As persoas que pertenzan a un IPI terán preferencia no caso dun empate na proba.

No caso de sobraren prazas unha vez rematado todo o proceso, asignaranse ás persoas que empregaron máis de 5 minutos en realizar a proba, pero menos de 6 minutos e sempre coas prioridades establecidas..

A lista de alumnado admitido estará publicada o xoves día oito de marzo ás 11:00 horas na cristaleira da entrada principal do Concello de Xove, así coma na súa páxina web: emprego.xove.es.

SEGUNDO.- Publíquese o presente acordo na páxina web municipal www.xove.es.

 

 

O Concello apoia a primeira película LGBT...

**Nove de novembro **  está ambientada no final dos anos 90 do pasado século, momento de cambios sociais en todo o mundo que coincidirán cos cambios emocionais dos nosos personaxes, conta a historia de Miguel e Roberto e os últimos días na súa relación de parella nos primeiros días de novembro de 1989. Este proxecto está financiado exclusivamente por crowdfunding , inversores particulares e polo Concello de Xove; contando coa colaboración do Concello da Coruña. A estrea terá lugar, previsiblemente a comezos de 2018.

¿De que vai Nove de Novembro? Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comenzará a despedazarse co regreso de cada recordo. Unha bagaxe que cada vez pesa máis irá desvelando a auténtica natureza da súa vida xuntos. Paralelamente, a máis de 2000km de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito máis grande está a punto de cambiar tamén. No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados por un pasado común. Secretos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que parece infranqueable. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único muro que caeu aquela fría noite de novembro.

“Non é a primeira vez que aparecen personaxes gais ou lésbicos nun filme galego, pero si é a primeira vez que ocupan a centralidade da historia” aclara o seu director Lázaro Louzao (Xove, 1988) que finaliza a rodaxe (na cidade da Coruña e no Concello de Xove) deste filme protagonizado por Ademar Silvoso, Brais Yanek e Sabela Arán que recibiu apoio do Concello de Xove.  

 

Festa do Percebe Xove 2017

3j6Fsqu-BL8

Festa do Percebe...

CARTEL DEFINITIVO

 

Festa das Flores 2017

Todo está listo en Xove para a celebración dunha nova edición da festa das flores os días 12 e 13 deste mes. o amplo programa de actividades desenvolverase entre o venres e o sábado. haberá xantar popular, música, xogos, charlas e fotografía.

  • Venres 12 ás 20:30: Acto de Apertura. O acto de apertura ten un carácter íntimo e sinxelo, está composto por unha execución do músico local Eduardo Rodríguez Basanta acompañado da interpretación poética do actor viveirense Victor Rolle. O broche deste acto porao a poetisa e escritora Marica Campo (moi vinculada a Xove) coa súa intervención titulada: “Cando a vida estala en flores” na que falará da Celebración do Ciclo de Maio, da súa adaptación por parte da Igrexa e das características da festividade das Fillas de María cunha análise de xénero.
  • Venres 12 ás 22:30: Actuacións: Joni Ramos (Viveiro) e Ménage a Troix (De Viveiro e Xove)
  • Sábado 13: En Chao da Aldea o sábado ás 11:00 da mañá farase a apertura da xornada xunto coa exposción fotográfica e xogos populares, amenizado por un pasarrúas do Grupo de Gaitas Saiñas de Xove. Ás 12:30 horas terán lugar as ofrendas tradicionais á Virxe María, seguidas de misa, cantada por Louvanzas Novas, á unha do mediodía e de procesión. Para as 14:30 horas está prevista a sesión vermú, que amenizará a Banda de Música o Landro de Viveiro. A xornada de festa continuará co xantar popular ás 15:00 horas, coa Gymkana ás 17:30 horas e coa foliada “Quen non baila, anima” a partir das 19:30 horas. Xa pola noite a partir das dez e media actuacións musicais de Dúo Eclipse, Ricardo Parada e DJ Karras.

Como actividades paralelas explican desde a directiva da asociación “teremos os xogos populares no atrio da igrexa: cordas, tres en raia, caldeiros, aros, buxainas e sacos, e a exposición fotográfica doutras edicións da Festa das Flores”.

A ACIAM e o Concello de Xove subliñan que “este ano teñen que dar as grazas a todas as empresas de Xove que quixeron colaborar economicamente no evento, xa que sin eles non sería posible a mesma”. E engaden que “todas as persoas que o desexen poden atopar información detallada na páxina de facebook Aciam Xove así coma na do Concello”.
Durante toda a xornada do sábado: Xogos populares no atrio da Igrexa: cordas, tres en raia, caldeiro, aros, zancos, buxainas e sacos. -Exposición fotográfica doutras edicións desta festa.

 

Leer más:Festa das Flores 2017

Llibramentos do Plan de Emprego 2016

  

ATA O 15 DE MARZO DE 2017 ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O PAGO DO PLAN DE EMPREGO DO ANO 2016

MÁIS INFORMACIÓN: BASES E CONVOCATORIA

 

 

 

Feira Empresarial Multisectorial "Agora Xove"

Os próximos días 11 e 12 de febreiro terá lugar a feira empresarial AGORA XOVE que organiza a ACIAM en colaboración co Concello de Xove, co obxectivo principal de fomentar o consumo no tecido empresarial xovense, máis de 50 negocios exporán os seus produtos e servizos nunha carpa situada na Praza do Concello. Haberá ademais demostracións, obradoiros, degustacións gastronómicas, desfiles, charlas, … O evento rematará o domingo “cun gran desfile da man da empresa de moda máis importante da comarca: Catycris”.

 O Concello de Xove, ademais de aportar axuda técnica e económica ao evento, tamén participará cun stand no que amosará o seu papel á hora de apoiar a creación e mantemento de iniciativas empresariais no municipio.-

Novas do Plan de Emprego Municipal

 

Curso preparatorio das probas para obter o CELGA 2

Curso preparatorio das probas para obter o Certificado de Lingua Galega CELGA 2 

      • Lugar: IES Illa de Sarón (Xove)
      • Datas: do 12/09/2016 ao 02/11/2016
      • Horario: das 19:00 ás 21:00 horas
      • Días: de luns a venres
      • Prazas limitadas.- Gratuíto.-
      • prazo para anotarse: ata o 16/07/2016
  • Forma de anotarse:
      1. Presencialmente: no departamento de emprego e desenvolvemento local do concello de xove
      2. Telematicamente: na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Blog Emprego Xove:

Información de interese para persoas desempregadas, emprendedoras e para empresas do municipio de Xove http://empregoxove.wordpress.com

Concurso Imaxes con Fondo sobre interculturalidade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que fai parte o teu concello/deputación, vén de lanzar o III Concurso de Fotografía e Vídeo 'Imaxes con Fondo' que, atendendo ao actual contexto internacional, marcado polas migracións e o desprazamento de persoas refuxiadas, convida a reflexionar sobre a interculturalidade.

Unha viaxe aos proxectos do Fondo Galego de Cooperación en Mozambique  e unha cámara son os principais galardóns nas categorías adulta e xuvenil.   FACEBOOK  

 FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE.- ÁREA DE COMUNICACIÓN  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.  www.fondogalego.org

 

Eu Merco en Galego

 Video Promocional da Campaña...

 

 

 

Competencias clave para o ano 2016

Dirixido a todas as persoas que desexen realizar as probas de avaliación e competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Aberto o prazo para inscribirse nas probas das Competencias Clave ata o 02/04/2016 

 Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  • - Comunicación en lingua galega.
  • - Comunicación en lingua castelá.
  • - Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • - Competencia matemática.

Resolución do 26 de febreiro de 2016 - DOG do 11 de marzo de 2016 -, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

Enlace con máis información: http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave 

Se tés interese en inscribirte podes pasarte polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local

Ofertas de Emprego dentro do Plan de Fomento de Emprego da Diputación Provincial

O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia de Lugo, encontrase en constante busca de novas ferramentas e fórmulas concordantes cos obxectivos primarios que conforman o proxecto. Estas metas elementais son as seguintes:

  •  Dinamizar o tecido empresarial.
  •  Mellorar a empregabilidade dos lucenses.
  •  Facilitar a inserción no mercado laboral dos traballadores desempregados da provincia de Lugo.

En converxencia co último dos obxectivos descritos, dende o Ben Empregado poñemos en funcionamento unha Bolsa de Emprego cuxo propósito será o de achegar aos cidadáns lucenses en situación de desemprego, as ofertas de traballo que non foron cubertas mediante o proceso selectivo que recollen as bases do programa.

 CONSULTA AQUÍ AS ULTIMAS BOLSAS DE EMPREGO !!

 

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo