Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
As senior do equipo da E. Municipal de Rítmica de XOVE proclámanse Campionas Galegas
24/Outubro/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Éxito da Escola Municipal de Xove de Ximnasia Ritmica.
Este pasado domingo 19 de outubro celebrouse no Pavillón dos Remedios en Ourense o Campionato Galego de Base. Nesta competición o equipo da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, formado por Raquel Gómez, Pilar Vázquez, Noela Bouza, Lucía Fernández, Alba Balseiro, Javiera Duarte e Carla Liz, entrenado por Ana Iglesias e Cristina Iglesias, impúxose na categoría senior ao acadar o primeiro posto.
Este mesmo equipo vai a representar ao noso Concello no Campionato de España de Base que se celebrará do 20 ao 23 de novembro en Castellón.
XXIIª FESTA DA TERCEIRA IDADE EN XOVE
23/Outubro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
A FESTA DA TERCEIRA IDADE, que xa vai pola súa XXIIª edición, dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos cos seus cónxuxes do noso Concello. A mesma vai desenvolverse o venres 24 de outubro con actividades ao longo de todo o día, con arranxo ao seguinte programa.
-
- 12:30 horas.- Misa no Salón de Actos do Centro Cívico, acompañada por un Cuarteto de Cordas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica.
- 14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.
Unha vez rematado o xantar, por parte do Concello vaise entregar un agasallo aos máis maiores da Festas , ademáis, por parte de Alcoa váiselles facer entrega dun agasallo a tódolos participantes (home ou muller) de 85 ou máis anos que rematado a entrega de agasallos, tódolos participantes van disfrutar dun baile.
En total van participar nesta Festa 451 persoas. O Concello, o mesmo que en edicións anteriores, pon autobuses gratutitos a disposición de tódolos participantes que así o queiran, tanto para ida como para o retorno.
O Concello adquire os terreos da Baleeira de Morás
16/Outubro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e o Director de Alcoa San Ciprián Rubén Bartolomé, nun acto celebrado na sede de Alcoa, procederon á firma do contrato de compra-venda dos terreos da Baleeira de Morás, polo cal o Concello adquiría estes terreos e as antigas instalacións da baleeira polo simbólico prezo de 1 €uro. Esta adquisición foi aprobada polo Pleno do Concello o pasado 18 de agosto, co obxectivo de restaurar a paisaxe litoral da pequena praia de "O Portiño", e mediante un convenio de actuación con Costas e Medio Marino proceder a súa demolición e á recuperación dunha zona verde que sirva, á vez, como lugar de esparcemento de veciños e visitantes, polo que manifiesta coñecer e aceptar totalmente as características constructivas e o estado actual dos edificios e terreos obxecto de compravenda.
Recordamos que esta factoría estivo en activo algo máis dunha década, dende comezos dos anos 60 ata comezos dos 70. Unha vez que a factoría cesou na súa actividade, a factoría foi desmantelada polos seus propietarios, levándose a maioría da maquinaria e elementos reutilizables a outra factoría. Durante os seguintes anos as naves e o entorno da factoría pasaron a mans de Alúmina/Aluminio (agora Alcoa), quens utilizaron as naves como almacén, función que deixaron de ter xa hai uns anos. Polo tanto, trátase dun espazo e unhas estructuras sen utilizade ningunha neste intre.
A seguinte actuación que se vai a dar, despois de recuperada a titularidade pública, vai ser a demolición das estructuras existentes, para nunha seguinte fase reconvertir esa área en espazos verdes e recreativos. Na fase de demolición está previsto que tódolos residuos sexan totalmente reciclados, o que non podería ser doutra maneira.
Dado o alto custo que suporía afrontar estes traballos, dende o Concello xestionouse que fose a Dirección General de Costas quen afrontase os traballos de demolición e creación da área recreativa. A área que comprende a Praia e o Portiño de Morás é unha zona especialmente bonita do noso Concello; a dotación desta nova zona con amplas áreas verdes e recreativas supón unha aposta polos valores naturais do Portiño, aumentando o valor paisaxístico de todo o entorno e devolvéndolle aos veciños e visitantes un espazo para o seu uso e disfrute.
Xuntos polo Nadal 2014
15/Outubro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos.- Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito: - 120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra. - 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán para as persoassolicitantes das provincias de Ourense e A Coruña. Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e Panxón en Nigrán (Pontevedra)
Leer más:Xuntos polo Nadal 2014
EDUCANDO EN FAMILIA
13/Outubro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove dará comezo o vindeiro luns 13 de outubro, en horario de 16:30 a 18:30 hs nunha aula do CEIP Pedro Caselles Rollán, ao Programa “Educando en Familia”;
este programa está organizado polo noso Concello e dirixido ás familias con menores de entre tres meses e 5 anos.
Tódalas familias interesadas no mesmo deberán facer unha solicitude de inscrición no Departamento Municipal de Servizos Sociais.
En marcha a XXIIª Festa da Terceira Idade en Xove
10/Outubro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Un ano máis o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza a FESTA DA TERCEIRA IDADE, que xa vai pola súa XXIIª edición, dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos cos seus cónxuxes do noso Concello. Naqueles casos nos que o cónxuxe ou parella non estea empadroado/a, deberá aboar o total do custo da comida. A mesma vai desenvolverse o venres 24 de outubro con actividades ao longo de todo o día.
Para o Concello é importante o recoñecemento que esta Festa representa para os nosos e as nosas maiores, que viviron situacións difíciles ao longo da súa infancia e xuventude. Este día tan esperado durante todo o ano, sentímolo como un día de encontro, lecer, convivencia e homenaxe de agradecemento, polo que, a pesar do esforzo que isto implica, decidimos celebralo.
A Festa dará comezo ás 12:30 horas cunha Misa Solemne no Salón de Actos do Centro Cívico, contándose coa participación dun grupo de corda da Escola Municipal de Música de Xove; posteriormente haberá un xantar no Restaurante Louzao de Area.Pois ben, os/as interesados/as deberán apuntarse no Departamento Municipal de Servizos Sociais ata o día 21 de outubro.
curso de Prevención de Riscos Laborais en Explotacións Agrogandeiras
08/Outubro/2014
Delegación de Agricultura
-
Anuncio de convocatoria dun curso de Prevención de Riscos Laborais en Explotacións Agrogandeiras, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible
Taller: Curso de Prevención de Riesgos Laborais en Explotacións Agrogandeiras
Destinatarios: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso, con residencia ou centro de traballo actual ou anterior nalgún dos concellos incluídos nos plans de zona (ver anexo III adxunto).
Lugar: Oficina de Turismo Xove, Avda da Diputación s/n, 27870 Xove - Lugo .- Modalidade: presencial .- Datas: do 20 de outubro ao 24 de outubro.- Horario: de 16:00 h a 20:00 h.- Duración: 18 h.- Número de prazas: 20
Presentación das solicitudes ata o 15 de outubro ou no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..- Teléfono de contacto: 986 78 35 82.- Máis información na web do ISSGA: http://issga.
ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS 2014
07/Outubro/2014
Delegación de Agricultura
-
O vindeiro 8 de outubro, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil.
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e de 15:15h a 18:00 horas
- Pode solicitar cita previa Por teléfono: 902.30.90.00 e a través da páxina web www.sycitv.com
Edición 2014/2015 do Programa “Ponte en Forma”
07/Outubro/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Esta semana comezou no noso Concello unha nova temporada do Programa “Ponte en Forma”, programa de actividades deportivas, organizado pola Concellería de Deportes e dirixido á población adulta. As actividades programadas para este Curso 2014-2015, que se desenvolven na súa totalidade na Aula Multideportiva do Concello, son:
Aerobic & Fitness:
- Luns e mercores :10:30 a 11:30. alumnos : 29.
- Grupo I : mercores de 11:30 a 12:30 e venres de 10:30 a 11:30 h. . alumnos :16.
- Grupo Ii: luns de 11:30 a 12:30 e venres de 11:30 a 12:30 h. alumnos :15.
Ximnasia de Mantemento :
Pilates : Martes e xoves de 10:30 a 11:30 . alumnos :15.
Pilates para maiores de 50 anos: Martes e xoves de 11:30 a 12:30. alumnos :16.
Festa do Ramo no Alto do Cruceiro- Xuances ' 2014
30/Setembro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Comisión de Festas de Xuances, formada por Javier Rivas, Iago Eijo, Francisco Sánchez, Rubén Sánchez Alejandro Quintas, organizamos por oitavo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 3 e o sábado 4 de outubro. Antes de pasar a outras cousas, decir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, estando o campo ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bós dias climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, decir que a Festa VAISE CELEBRAR BAIXO UNHA CARPA, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos nosos visitantes, dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.
Como principal novidade para edición deste ano, decir que ESTREAMOS CAMPO DA FESTA, xa que o lugar onde tradicioinalmente desenvolvemos as actividades festivas está recén asfaltado, co fin de favorecer os bailes e as demáis actividades.
En canto ao amplo programa de actividades, destacamos a celebración, na súa OITAVOA EDICIÓN, da FESTA DOS CALLOS o venres, 3 de outubro. Trátase, loxicamente, dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos aos asistentes consiste no seguinte: os participantes, pola módica cantidade de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e un viño. . En total temos preparadas máis de 1.000 racións, que esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa imos ter un posto onde os visitantes van poder adquirir tikets por valor de 5 €uros, os cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bó programa de baile a partires das 10:30 da noite, baile que estará amenizado pola orquestra "GALILEA". En canto ao programa de actividades do sábado, 4 de outubro, temos:
- 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión, que van contar cunha coral e os gaiteiros de Saiñas de Xove.
- 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do “FIN DE SIGLO".
- 22:00 horas (10 da noite): Verbena coas orquestras "FIN DE SIGLO" e "MOSAICO".
Por último, a Comisión quere darlle as gracias a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboran coas nosas Festas, agradecemento que queremos sexa especial para tódolos nosos veciños.
Presentación do curso 2014-15 da escola municipal de música
30/Setembro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Esta presentación desenvolveuse onte, luns 29 de setembro, na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro, a partires das 20:30 horas, como paso previo ao comezo das clases da Escola, que oficialmente van iniciarse o mércores 1 de outubro.
Na mesma informouse aos alumnos/as e pais asistentes de tódalas modalidades e especialidades que a Escola ten para este curso. (Adxuntamos o calendario do Curso onde veñen os horarios e as especialidades que se van impartir).Por último, decir que hoxe remata o prazo para realizar a preinscrición na Escola de Música, a cal se puido realizar durante todo o mes de setembro. Para realizar a mesma, houbo que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. A primeira semana de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.014/15. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 15 DE OUTUBRO. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.
Novo éxito no intermodal galego do Club de Bolos Xove
27/Setembro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Club de Bolos Xove volveu a acadar grandes resultados no Campionato Intermodal Galego celebrado en Meira e Castro de Rei o pasado sábado 20 de setembro. Este campionato consiste en xogar, nun mesmo día, a tódalas modalidades de bolos que se xogan na Provincia de Lugo (bolo celta, bolo vienés, bolo en liña, bolo canteiro e bolo de Xove).Na edición deste ano participaron xogadores de toda Galicia e da veciña Asturias, iso sí, previamente clasificados nas súas respectivas zonas.Na categoría senior Ginés Rodríguez (Club de Bolos Xove) consegueu alcanzar os seu terceiro título, anque despois das tiradas celebradas pola mañá parecía totalmente descartado, debido a uns malos tanteos na modalidade de bolo celta; pola tarde, e despois de arrancar espectacularmente na modalidade de bolo ao canteiro, Ginés púxose líder, condición que xa non perdeu, conseguindo manter a súa primeira posición coas modalidades de bolo vienés e bolo de Xove. Nin Javier Partierra (2º posto final) nin Luis Rancaño (3º posto final) conseguiron aguantar o tirón de Ginés, que como dixemos, revalida o seu título, e que se pode considerar o xogador máis completo do bolo galego, tendo en conta que nesta modalidade hai que dominar un bó número de especialidades.
Leer más:Novo éxito no intermodal galego do Club de Bolos Xove
Obradoiro de Teatro en Xove
26/Setembro/2014
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O vindeiro luns, 29 de setembro, ábrese o prazo para inscribirse no OBRADOIRO DE TEATRO “EN GALEGO NON SEXISTA” DE XOVE, estando aberto ata o 6 de outubro incluído. A inscrición hai que realizala no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local en horario normal de oficina. As prazas son limitadas, polo que a inscrición hai que realizala canto antes se non se quer quedar fóra.
Este obradoiro, organizado polo Concello de Xove e subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está dirixido a rapaces/as entre os 8 e os 16 anos de idade. O mesmo vai desenvolverse no Salón de Actos do Centro Cívico o sábado 11 e o domingo 12 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 h e das 16:00 ás 20:00 h. e para rematar, o domingo 12 de outubro, arredor das 19:00 h. abriranse as portas do Salón de Actos ao público co fin de que os participantes poidan mostrar o aprendido no obradoiro.
Aquelas persoas que teñen interese e precisen dunha maior información, poden chamar ao teléfono do Concello 982592001, onde dende o Departamento de Emprego e Desenvolvemento lles facilitarán tódolos datos sobre o mesmo.
Leer más:Obradoiro de Teatro en Xove
Aprobadas as Bases das Axudas ao Estudio 2014
19/Setembro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Na pasada Xunta de Goberno, celebrada onte 18 de setembro, foron aprobadas as BASES DAS BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO PARA 2014-2015. As modalidades aprobadas, foron:
1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario. 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela. 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación. 4.- Axudas para compra de material escolar. 5.- Axudas para estudos de doutoramento. 6.- Axudas para máster .- (Como novidade incluída este ano)
As contías previstas para estas axudas son:
Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha
Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
a.- Preescolar: 65,00 €
b.- Primaria e ESO: 60,00 €
c.- Bacharelato: 125,00 €
d.- Ciclos formativos: 125,00 €
Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.
Modalidade 6.- Axudas para máster, dotada con 500,00 €.
O presuposto que o Concello vai adicar a esta bolsas e axudas é de 40.000 €. O prazo para solicitar vai do 1 ao 31 de outubro, ámbolos dous incluídos. Dentro dos requisitos pedidos para acceder a estas axudas, salientamos que hai que estar empadroado e con residencia efectiva cunha antiguidade mínima de 3 anos. Estas bolsas e axudas municipais son totalmente compatibles coas becas e axudas autonómicas e do estado.
MÁIS INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.- No relativo ás becas e axudas autonómicas e do Estado dáse información no Centro de Información Xuvenil de Xove ubicado na OMIX.
----> enlace no portal transparencia de convocatoria e bases <----------
Semana da Seguridade en Alcoa
19/Setembro/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
MAIS INFO
X Foliada Popular da Mariña
18/Setembro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este sábado día 20 de setembro a Asociación Cultural Saiñas organiza como anos anteriores a Foliada Popular da Mariña, este será a súa X edición.
As actividades programadas son as seguintes:
-
- As 13:00 pasacalles por Xove e sesión vermú amenizada polos gaiteiros da asociación.
- A partires das 17:30, comezarán os obradoiros didácticos, un de realización de instrumentos artesanais e outro de de xogos e xoguetes.
- As 21:00 cea popular nunha carpa, a racion consiste en churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida por un prezo de 5€ venta anticipada ou 7€ na foliada.
- A partires das 22:00 aproximadamente comezará a foliada popular, pola que pasarán varios grupos que tocarán e cantarán música tradicional galega para animar a tódolos asistentes a bailar ó son dos mesmos. Todas estas actividades realizaranse nunha carpa situada na praza do Concello.
Queremos aproveitar para dar as gracias á todolos comercios de Xove que colaboraron coa nosa asociación para poder realizar esta festa, así como ó Concello de Xove, a Deputación de Lugo e a tódolos socios que formamos esta agrupación.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|