* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Remata a semana solidaria: éxito da operación Kilo
20/Decembro/2011
Departamento de Servizos Sociais
Dende o pasado luns 12 de decembro ata hoxe a mediodía, estivo en marcha a SEMANA SOLIDARIA EN XOVE, chamada OPERACIÓN KILO, que, organizada por CÁRITAS INTERPARROQUIAL, pretendeu concenciar aos cidadáns da importancia que ten ser solidario, máis nestes intres de fonda crise.
Dentro desta Semana organizouse unha dobre campaña: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES e CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS. Rematada a campaña, temos que decir que constituiu un rotundo éxito, tanto pola cantidade de xoguetes recollidos como pola gran cantidade de alimentos recibida. Hai que decir que o Pobo de Xove volcouse con esta campaña, superando con creces tódalas previsións que Cáritas Interparroquial tiña feito. Recolléronse xoguetes de tódolos tipos e para tódalas idades, que sen dúbida van facer felices a un bó número de nenos/as do noso Concello. Dentro dos alimentos recollidos, hai de todo, produtos non perecedeiros e perecedeiros, comida tradicional de Nadal, produtos de limpeza, etc., todo nunhas cantidades realmente importantes.
Cáritas Interparroquial vai distribuir estes produtos a unhas 20 familias de Xove. Inda que nos pareza que non, a crise está a afectar a moitas familias do noso entorno, dahí que esta campaña contribúe a paliar a difícil situación dese grupo de persoas.
Amáis das aportacións recibidas en xoguetes e alimentos, un grupo de veciños ofreceuse a seguir aportando alimentos perecedeiros (patacas, verduras, etc.) nos vindeiros meses, en función das necesidades existentes. Lóxicamente, todo isto, anónimamente e dentro da maior reserva.
Ademáis desta Semana Solidaria, a campaña solidaría continúa en tódalas parroquias de Xove, xa que en tódalas igrexas está aberta unha cuestación para recoller fondos cos que axudar ás familias que o necesiten. Non podemos olvidar que, ademáis de comer, tamén hai que pagar facturas: lus, auga, etc..
A distribución de todo o material recollido (xoguetes e alimentos) vaise facer conxuntamente entre o personal de Cáritas Interparroquial e o Departamento de Servizos Sociais do Concello, para o cal xa se están a preparar os distintos lotes que se van entregar ás familias.
Por último, Cáritas Interparroquial quere agradecer profundamente a tódalas persoas e familias que participaron nesta Semana Solidaria a súa colaboración.
Termalismo Social IMSERSO 2012
19/Decembro/2011
Departamento de Servizos Sociais
Requisitos das/dos solicitantes:
Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
Situación económica dos solicitantes.
Idade dos solicitantes.
Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
O/A solicitante poderá ir acompañado do seu cónxuxe ou da persoa con quen conviva en relación de parella, para a que non se esixe a obriga de percibir pensión da Seguridade Social.
Beneficios:
As quendas terán unha duración de 12 ou de 10 días cada unha comprendendo os seguintes servizos:
Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
Póliza colectiva de seguro.
Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Dende o pasado luns 12 de decembro e ata o martes 20, está en marcha unha SEMANA SOLIDARIA EN XOVE, chamada OPERACIÓN KILO, que, organizada por CÁRITAS INTERPARROQUIAL, pretende concenciar aos cidadáns da importancia que ten ser solidario, máis nestes intres de fonda crise. Dentro desta Semana organizouse unha dobre campaña: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES e CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS. Neste sentido, invítase aos veciños e visitantes de Xove nestas datas a compartir cos máis necesitados, tanto xoguetes coma alimentos. Os organizadores da campaña piden que os xoguetes que se donen estén nun bó estado. O centro de recollida, tanto de xoguetes coma de alimentos, é a Oficina Municipal de Turismo de Xove, sita na Avenida Deputación. En canto ao horario de recollida, é polas mañás de 11:00 a 13:30 horas.
atrevete!
05/Decembro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
“Contos coas mans abertas” en Xove a vindeira semana
02/Decembro/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O grupo de teatro A TROPA DE TRAPO vai por en escea a vindeira semana, concretamente o sábado 10 de decembro, ás 17:00 horas na OMIX de Xove, a obra “CONTOS COAS MANS ABERTAS”.
"CONTOS COAS MANS ABERTAS" son contos en galego con música dirixidos ao público adulto. Recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos... todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Son contos para mellorar o mundo, sempre coas nosas mans abertas.
"CONTOS COAS MANS ABERTAS" está financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.
Entrega de diplomas do Curso de Perfeccionamento de Informática
01/Decembro/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Hoxe pola mañá, na Aula de Informática da OMIX de Xove, tivo lugar a entrega de Diplomas do Curso de “PERFECCIONAMENTO DE INFORMÁTICA”, acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Ana Abad e o profesor Daniel López.
O Curso de "PERFECCIONAMENTO DE INFORMÁTICA", organizado pola Delegación Municipal de Xuventude, tivo unha duración de 20 horas (durante os meses de outubro e novembro) e foi impartido por Daniel López Pena, técnico informático da OMIX.
Nesta edición, participaron un total de 30 persoas con idades comprendidas entre os 28 e 68 anos. Os contidos tratados foron Microsoft Office Word, Excell, Publisher e Internet.
Día Contra a Violencia de Xénero
21/Novembro/2011
Departamento de Servizos Sociais
A Concellería de Igualdade do Concello e Xove e o IES Illa de Sarón organizan unha serie de actividades para celebrar o DIA CONTRA CA VIOLENCIA DE XÉNERO. Este Programa, que está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, conta coa colaboración a Asociación de Mulleres “Bolboretas” e o Club “Pombas da Mariña”.
PROGRAMA
Xoves, 24 de novembro, ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove
Este día presentarase o Proxecto “REC-CAPACITA. SPOTS REIVINDICATIVOS”, proxecto subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, contándose tamén con actuacións musicais pola igualdade, creada e interpretadas polo alumnado do IES Illa de Sarón.
Venres, 25 de novembro no IES Illa de Sarón
Durante este día os alumnos/as do IES van celebrar ACTIVIDADES DE CORRESPONSABILIDADE E IGUALDADE.
Domingo, 27 de novembro ás 13:00 horas na Igrexa de San Bartolo de Xove.
-MISA POLA PAZ. Na mesma, os nenos e nenas da catequesis cantarán unha canción e recitarán un poema, adicados a este día.
-POSTA DE LAZOS MORADOS ás persoas asistentes a cargo da Asociación de Mulleres “Bolboretas”.
-SOLTA DE POMBAS, en membranza das mulleres vítimas de xénero, coa colaboración do Club “Pombas da Mariña”.
XXIIIª TIRADA DE BOLOS
14/Novembro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
XXIIIª TIRADA DE BOLOS - XIIª SUB 16 - IIIª LIGA FEMININA
-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 36 inscritos, 21 na Liga Senior e 7 en cada unha das outras. Liga Senior Masculina.- Segunda victoria consecutiva de Marcelino Rodríguez, o que lle permite escalar na táboa ata o 5º posto con 24 puntos. Encabeza unha semana máis Arturo Vigo, que este ano está demostrando unha gran regularidade, xogando moi centrado, sen os altibaixos da temporada pasada. Outro xogador que está demostrando esta ano un moi bó nivel é Francisco Pérez, que leva puntuando 5 tiradas consecutivas, e sempre do medio para riba, o que fai que ascenda da terceira á segunda posición, en detrimento de Luis Rancaño, que pasa á cuarta posición, xa que á terceira accede outro dos favoritos, o actual campión José Rafael González con 29 puntos. Desgraciadamente para Luis, mentras non se recupera da súa lesión de rodilla non poderá retomar a súa participación na Liga. Polo tanto, despois de disputado un tercio da Liga (6 tiradas de 18 totais), temos un líder claro e sólido, cunha gran diferencia de puntos sobre os seus perseguidores, estando estes bastante igualados, cunhas puntuacións moi graduais, sen grande diferenzas.
Liga Senior Feminina.- Cambio na cabeza da clasificación, accedendo á mesma Carmen Corral con 28 puntos, gracias aos 7 puntos obtidos na tirada desta semana. Segunda é Belén Meitín con 25 puntos. Estas dúas xogadoras vanse alternando nas dúas primeiras posicións, e polo momento son as claras dominadoras da categoría, cuha boa diferenza sobre as súas perseguidoras. Terceira Temos a Dolores Baños con 14 puntos, compartindo o cuarto posto Salomé Bermúdez con Leonor Casbella, ambas con 10 puntos. Temos que decir que debido a unha caída, Salomé Bermúdez vai estar unha temporada sen poder competir, xa que se lesionou no brazo que ela utiliza para tirar.
Liga Sub 16.- Nesta categoría tres xogadores dominan claramente, e os tres xa encabezaron a clasificación en algún momento. Despois de 6 tiradas, a vixente campiona Salomé Cardoso accede por primeira vez ao liderato esta temporada, gracias á victoria obtida nas dúas últimas tiradas. Con 25 puntos e a 3 do liderato, Isaias Cardoso (irmán de Salomé) ocupa a segunda posición, pasando ao terceiro posto Daniel López con 22. Así e todo, a loita está moi cerrada entre os tres, destacándose polo momento como favoritos para ocupar os tres postos de privilexios finais.
A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ NA PARROQUIA DE PORTOCELO, O VINDEIRO SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO DE 2011.
Dado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade, e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste Programa distribuidas da seguinte maneira:
1. Residenciade Tempo Libre do Carballiño: 70 prazas para a provincia da Coruña e 50 prazas para a provincia de Ourense
2. Residencia de Tempo Libre de Panxón: 70 prazas para a provincia de Pontevedra e 50 prazas para a provincia de Lugo.
O Programa contempla o aloxamento , en habitacións dobres e manutención en réxime de pensión completa, durante 10 dias (9 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.
A saída desde os puntos de orixe (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) realizarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 1 de xaneiro de 2012 despois do xantar.
Datas: Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2011 e o 1 de xaneiro de 2012.
Persoas beneficiarias: Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
Valerse por sí mesmo/a e non padecer trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
Non estar acollido/a en ningún centro residencial
Ter un nivel de ingresos económicos baixo
Ter que pasar só/soa as datas de Nadal.
Para a selección dos participantes aplicaránse as solicitudes que reunan os requisitos, os criterios establecidos no anexo incluido na Circular, dándolle preferencia ás persoas que:
participen no Programa a nivel individual, que realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
teñan un menor nivel de ingresos económicos.
non participaron neste ano en ningunha quenda do Programa de Turismo Social, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.
Teñan máis idade.
Ainda obtendo unha puntuación que lles permita o acceso ao Programa, poderanse excluir aqueles solicitantes que xa participaron outros anos e non se adaptaron as normas de convivencia establecidas.
Servizos:
Transporte desde o Centro Sociocomunitario que se lle indique na carta de adxudicación da praza.
Aloxamento en cuartos compartidos e manutención das persoas participantes en réxime de pensión completa.
Réxime alimenticio especial para as persoas que por prescrición médica o requiran e o acrediten debidamente.
Certificado de convivencia actualizado da persoa solicitante
Lugar de presentación: Servizos sociais municipais.
Prazo de presentación: Ata o 30 de novembro de 2011
Obradoiro sobre oratoria e comunicación verbal
07/Novembro/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O 11 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar na OMIX o obradoiro " TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL" , da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Este obradoiro está dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 15 e 30 anos.
Os contidos desta actividade son, entre outros, o arte de falar en público, a confianza e seguridade persoal e a elaboración e exposición de discursos ou traballos para súa exposición en público. As persoas interesadas poden anotarse na OMIX ata o día 8 de novembro. As persoas participantes terán dereito a un diploma de asistencia, homologado pola Xunta de Galicia.
HOXE ABRE A EXPOSICIÓN "ELAS ENSINAN"
03/Novembro/2011
Turismo, Investigación Social e Muller
A exposición "ELAS ENSINAN" recolle as historias de vida de dezaoito maestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, ás que serviron de modelo profesional e vital. Esta exposición forma parte do Programa "Con Elas" da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Poderase visitar no concello de Xove, na Sala de Exposicións do Centro Cívico dende o 3 ao 16 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00 horas.
e tamén....
XORNADA INFORMATIVA "PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES"
O próximo xoves, día 10 de novembro, terá lugar no Salón de Actos do Concello de Xove ás 11:00 horas, a xornada informativa "PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES". Esta actividade ten como obxectivo informar ás perosas maiores sobre estafas, timos, roubos, situacións de maltrato familiar, que poidan sufrir en algún momento dado. Esta xornada informativa forma parte do Plan Maior de Seguridade da Dirección Xeral da Policía e Garda Civil, dirixida á prevención e mellora da seguridade, e vai ser impartida polo Garda Civil, D. José Antonio Arias Fernández.
Acondicionamento dun área recreativa no centro social de sumoas, con creación de espazos para xogos tradicionais.
Onte, 2 de novembro, o Alcalde Demetrio Salgueiro, xunto co Concelleiro de Obras José Manuel González e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias realizaron unha visita ao Centro Social de Sumoas, onde acaban de rematar as obras de acondicionamento dun ÁREA RECREATIVA, QUE INCLÚE ESPAZOS PARA XOGOS TRADICIONAIS, no entorno do Centro Social.
Esta obra, que tiña un orzamento total de 49.907,83 euros, contou cunha subvención da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 39.926´60 €uros, sendo o resto aportado polo Concello.
A obra realizada incide en dous espazos diferentes do entorno do Centro Social:
Área de Xogos Infantís: aquí realizouse un acotamento e acondicionamento deste espazo, que incluiu a instalación dun chan de corcho en toda a área.
Área de Xogos Tradicionais: a parte máis importante de todo o proxecto realizouse neste espazo. Recordamos aquí que a intervención nesta área responde a unha demanda dos veciños e practicantes dos deportes autóctonos do Concello, máis concretamente, dos numerosos xogadores/as deste deporte no noso Concello. Non podemos olvidarnos de que Xove é un dos Concellos de Galicia que máis traballan e invisten neste deporte tradicional, como así o amosa o Torneo que organiza tódolos anos ou as boleras das que dispoñen tódolos centros socias municipais.
Os traballos realizados nesta área, foron:
Realización dunha estrutura de Madeira cuberta, así como a habilitación do terreo cos seus complementos para a práctica do xogo propiamente dito. Neste sentido, dentro desta área vai unha bolera para práctica da modalidade de bolos de Xove e outra para práctica dos chamados bolos celtas, que é a modalidade única que comparten tódolos clubs de Galicia.
Disposición dunha zona de zahorra compactada na totalidade do espacio destinado ao xogo, a cal vai cuberta cunha capa de terra, presentando unha superficie de herba.
-Construcción dun muro de separación da Área de Xogos Infantís da zona de Xogos Tradicionais.
-Colocación dunha rede de 30 metros de longo por 5 de outo para protección do entorno durante o desenvolvemento do xogo.
-Disposición de gradas para ubicación de xogadores e público.
-Disposición de dous proxectores na zona de xogo e alumeado na zona interior cuberta.
Por último, decir que dende o Concello se lle quer agradecer á Xunta de Galicia, e máis concretamente á Consellería de Presidencia, a concesión desta importante subvención, a cal lle vai permitir a tódolos usuarios do Centro Social de Sumoas unha mellora na calidade dos seus servizos, e a tódolos xogadores/as de bolos do Concello un espazo que estamos seguro vai ser unha referencia dentro da praxis deste deporte.
Concerto na residencia da terceira idade
28/Outubro/2011
Departamento de Servizos Sociais
Hoxe celébrase en Xove a XIXª FESTA DA TERCEIRA IDADE, e con tal motivo o Concello programou unha serie de actividades. Ademáis das actividades organizadas pola Concellería de Servizos Sociais, a Concellería de Cultura sumouse organizando un pequeno concerto para tódolos/as residentes na RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE SAN BARTOLO DE XOVE.
O concerto, celebrado ás 11:30 horas no hall de entrada da Residencia, contou coa presenza do Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Dolores Meitín, así como a maioría dos residentes. No Concerto participaron tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove: Iria Pigueira (violín), Manuel Fernández (violín) e Xulia Nogueira (chelo).
Exposición 25 anos do Hospital da Costa
28/Outubro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Onte abriuse en Xove a exposición itinerante sobre os 25 ANOS DO HOSPITAL DA COSTA, exposición formada por 16 paneis que percorren a vida do noso Hospital ao longo do último cuarto de século. Esta exposición estivo ata agora en Viveiro, e dende ontes vai estar na Praza do Centro Cívico, debaixo da pasarela do Pavillón Municipal dos Deportes.
Festa do Samaín / obradoiros oratoria na OMIX
25/Outubro/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
FESTA DO SAMAÍN EN XOVE
Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove estase a organizar a FESTA DO SAMAÍN, que se levará a cabo os días 28 e 29 de outubro en horario de 16:30 a 19:00 horas. Nesta festa poderán participar os rapaces e rapazas do concello de idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos. O Programa desta Festa é o seguinte:
Día 28: baleirado de calabazas e decoración da OMIX.
Día 29: xogos divertidos de terror e medo
OBRADOIRO SOBRE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL
O 11 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar na OMIX o obradoiro " TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL" , da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Este obradoiro está dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 15 e 30 anos. Os contidos desta actividade son, entre outros, o arte de falar en público, a confianza e seguridade persoal e a elaboración e exposición de discursos ou traballos para súa exposición en público. As persoas interesadas poden anotarse na OMIX ata o día 8 de novembro. As persoas participantes terán dereito a un diploma de asistencia, homologado pola Xunta de Galicia.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K