Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Día dos Nenos no Centro Civico de Xove 2017
22/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte, na Praza do Centro Cívico a partires das 17:00 horas, desenvolveuse o DÍA DOS NENOS, os cales, cun sol expléndido, puideron disfrutar dos numerosos inchables e xogos acuáticos. A organización deste evento coincideu co festivo local, xa que hoxe e un dos dous festivos locais (o outro foi martes de entroido) dos que disfruta o noso Concello.
As actividades que programou o Concello para as Festas Patronais deste anon no rematan aquí, xa que inda podemos disfrutar nos vindeiros días de dúas exposicións: “Coas Nosas Mans X” ata o 24 de agosto na Sala Oficina de Turismo e “Xove 360º.Cores” ata o 3 de setembro na Sala Centro Cívico.
Feira de gando de San Isidoro de Monte 2017
21/Agosto/2017
Delegación de Agricultura
-
O vindeiro XOVES, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas. A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú co “DUO GALICIA”.
-17:30 horas: Verbena co “DUO GALICIA”.
Leer más:Feira de gando de San Isidoro de Monte 2017
Pregón das Festas de Xove por Rita Morrigan
18/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Entrega de diplomas de informática OMIX
18/Agosto/2017
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe, 17 de agosto do 2017,o alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras de Servizos Sociais e Xuventude e Deporte Ana Abad e Cristina Iglesias procederon a entrega de diplomas do Curso de Informática de nenos, que se levou a cabo no Centro Xuvenil de Xove (OMIX) durante o mes de xullo deste ano. Participaron no curso un total de 58 nenos/as de idades comprendidas entre 6 e 16 anos. Os máis pequenos traballaron con powerpoint, windows e paint, e os maiores de 10 anos aprenderon a programar Java.
Inscripción curso Ximnasia Ritmica 2017/2018
17/Agosto/2017
Concellería de Deporte e Turismo
-
Confección dun cartel para as Festas San Bartolo 2017.- Entrega entrega de premio.
16/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, ao obxecto de incentivar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, decideu convocar un Concurso para confección do cartel das Festas do San Bartolo 2017.
Reunido o xurado, decideu conceder o premio de 150 €uros ao deseño presentado polo rapaz de 13 anos Abel Bouza Bermúdez.Hoxe pola mañá o alcalde Demetrio Salgueiro fíxolle entrega do premio á nena, que estivo acompañada pola súa nai, así como pola concelleira de cultura Dolores Meitín e dous representantes do xurado.
Nova campaña medioambiental do Concello de Xove
16/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR
Dende xa hai anos o noso Concello promociona a recollida selectiva de residuos. Pois ben, hoxe estamos a desenvolver a Campaña “Oportunidades de Galicia – Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de Sogama e o SIG ECOEMBES e, por suposto, o noso Concello.A campaña, que se está a desenvolver na Praza do Centro Cívico, consiste nunha carpa informativa onde monitores ambientais informan aos presentes sobre os beneficios da recollida selectiva o reciclaxe de residuos, tratando de sensibilizalos para levar a cabo esta práctica. Escollemos o día de hoxe para chegar a un maior número de persoas ao coincidir co mercado semanal Dende o Concello, e dado que se considera moi importante a preservación do medioambiente e a reciclaxe como un bó medio para esa preservación, invitamos e animamos a tódolos nosos veciños e visitantes a participar nesta campaña e a realizar unha reciclaxe cada vez mellor.
Inaugurada unha nova edición de Xove 360º
11/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 13:30 horas na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, acompañados polos fotógrafos presentes na mostra epor un grupo de nenos/as do Programa Xove Concilia, inauguraron unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola décima edición. O título escollido para edición deste ano foi “cores”, sección na cal se presentan 8 fotografías. Decir que esta sección é escollida cada ano polos fotógrafos participantes. O resto da exposición, 40 das 48 fotografías que a conforman, foi de tema libre, dahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, composicións, etc. En total a exposición está conformada por 48 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.
Os participantes na edición deste ano, son: María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro García, Rubén Pico, Pedro Vicente, Javier Villares, José Emilio Gómez, Luis Miguel Vivas, Santos Cordovilla, Diego Fanego e Javier Sánchez. A exposición, que se abre mañá, sábado 12 de agosto, ao público en xeral, vai estar aberta ininterrumpidamente ata o vindeiro 3 de setembro en horario de 18:00 a 22:00 horas, e como ven sendo habitual nos últimos anos, está dentro do amplo Programa Festivo que o Concello preparou para o San Bartolo 2017.
Saiñas participará no Festival Nacional....
11/Agosto/2017
Concellería de Deporte e Turismo
-
A Asociación Cultural Saiñas, sairá hoxe venres de viaxe para Jumilla (Murcia) para participar no Festival Nacional Cidade de Jumilla, que se celebrará ata o martes día 15 de agosto. Desplazaranse 30 membros da Asociación, entre músicos e bailadores. Dito Festival é un dos máis importantes a nivel Nacional, participando grupos de toda a xeografía Española.
Saiñas vai participar por primeira vez, e agardamos deixar unha grata impresión e mostrar a toda España os nosos traxes e bailes tradicionais.
Xornada de PaintBall dende a OMIX
04/Agosto/2017
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 4 de agosto, ás 16:00 horas, un total de 26 xogadores de idades comprendidas entre 12 e 16 anos, desprazaronse a Galdo para disfrutar dunha tarde ao aire libre xogando ao paintball. Esta viaxe esta organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Verán Xuventude” .
V Torneo de Padel San Bartolo de Xove
03/Agosto/2017
Concellería de Deporte e Turismo
-
Durante o día de hoxe 3 de agosto de 2017 tivo lugar en Xove a presentación do V TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO de XOVE, neste acto estivo presente o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias xunto con Ivan Gonzalez da empresa IG10 que gestiona o torneo.
O torneo será dende o 14 ao 18 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1200€ de material deportivo en premios.A inscrición pódese facer na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 11 ás 20:00 na pista de padel. Para información sobre o torneo: 982581381
Programa Festas San Bartolo 2017
01/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
De visita ó Aquapark ....
22/Xullo/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe sábado, 22 de xullo, un total de 50 persoas do Concello de Xove, de idades entre os 13 e 35 anos, visitaron o Aquapark de Cerceda. Esta actividade forma parte do programa de verán, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e polas Concellerías de Xuventude do Concello de Xove.
Torneo de Play na OMIX
20/Xullo/2017
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, día 19 de xullo ás 17:00 horas, 10 xogadores de Xove de idades comprendidas entre 11 e 16 anos participaron no torneo de play, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Este torneo está dentro do programa de actividades de Verán do Concello de Xove. Coordinou o torneo un monitor de IG10.
Este ano Christofer e Hugo quedaron no primeiro e segundo posto
Interferencias na señal de Televisión
20/Xullo/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Detectados problemas de interferencias (en Xuances sobre todo) en la recepción de canales de Televisión neste CONCELLO DE XOVE, sobre todo en los canales altos como la TVG, surgidos sobre todo a causa de las interferencias provocadas por los repetidores de móviles (4G) que utilizan canales anexos a los utilizados por la televisión digital.
Comezo da implantación da 46 móbil na banda de 800 MHz: Convivencia TDT e 4G.- Tras finalizar o recente proceso do Dividendo Dixital Liberación da banda de 800 MHz os operadores adxudicatarios da devandita banda de telefonía móbil van comezar a implantación da 4G nas frecuencias que antes utilizaba o servizo de televisión.
As emisións de telefonía móbil 4G vanse producir na banda adxacente á de TDT (Televisión Dixital Terrestre), polo que é posible que a recepción do sinal de televisión poida verse afectado nalgúns edificios ou vivendas moi próximos ás estacións de telefonía móbil.
FOLLETO INFORMATIVO
Comezou o Campamento de Verán en Xove
13/Xullo/2017
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte comezaron o campamento de verán 27 nenos e nenas de entre 10 e 16 anos. Ás 4 da tarde, as nenas e nenos participantes acamparon nas inmediacións do Centro Social de Morás e estarán alí ata as 13:30 h. de mañá venres. Neste campamento, organizado polo Departamento de Xuventude do Concello de Xove, os nenos e nenas participantes realizarán distintas actividades baixo a coordinación dos monitores da empresa IG10.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|