Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Xornadas de Divulgación da EDLP
09/Maio/2016
Turismo, Investigación Social e Muller
-
CONCERTOS DA FRATERNIDADE - ensaios previo
08/Maio/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Os 4 Concertos da Fraternidade, que foron presentados o pasado día 4 en Xove, xa están en marcha e tiveron hoxe unha cita importante, xa que unha boa parte dos participantes, non todos, xuntáronse hoxe no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para un ensaio do que vai constituir o primeiro concerto, que se vai desenvolver en Xove o vindeiro VENRES 13 DE MAIO, A PARTIRES DAS 20:30 HORAS.
As 4 agrupacións que participan (Conservatorio de Viveiro e Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo) xa están a realizar ensaios parciais do programa, cada unha na súa sede, ensaios que van continuar os vindeiros días ata a realización do primeiro concerto.
Ademáis do concerto de Xove, están programados:
-20 de Maio: Auditorio de Mondoñedo.
-18 de Novembro: Auditorio de Burela.
-25 de Novembro: Igrexa de San Francisco de Viveiro.
Recordamos que nesta actividade participan, ademáis das catro agrupacións musicais antes citadas, os Concellos de Xove, Viveiro, Burela e Mondoñedo, así como a Deputación de Lugo a través da Vicepresidencia de Cultura.
Informática no IES de Xove
02/Maio/2016
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Día Internacional da Danza celebrado en Xove
29/Abril/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Xacio Baño nos premios Mestre Mateo 2016
28/Abril/2016
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
A comarca tivo a súa trocito de protagonismo na gala dos premios Mestre Mateo, porque dous mariñáns resultaron premiados polo seu bo facer no mundo do audiovisual. É o caso do director de cine xovense Xacio Baño, que logrou o premio á mellor curtametraxe con Eco, e unha trama na que volve mergullar no universo familiar, neste caso do actor Xosé Barato.
Xornada de Primeiros Auxilios da Escola de Maiores
21/Abril/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, 21 de abril, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Xove unha Xornada de Primeiros Auxilios, que forma parte das actividades da programación da Escola de Maiores. A esta charla acudiron persoas dos tres grupos da Escola, que se amosaron moi interados por temas relacionados coa súa vida persoal e entorno, participando de forma activa durante toda a actividade e valorando de forma moi positiva a información recibida.
Esta xornada foi impartida por persoal de Universidade de Santiago de Compostela e é complementaria doutra anterior impartida o pasado mes. Na mesma coñeceron o funcionamento dun desfibrilador e a maniobra de reanimación cardio-pulmonar.
Charla Informativa sobre a Polilla Guatemalteca da pataca
12/Abril/2016
Delegación de Agricultura
-
DESCRIPCIÓN DAS MEDIDAS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DA POLILLA DA PATACA
Xoves, 14 de Abril de 2016 as 11 horas no SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO DE XOVE
ponentes:
- Victor Alvarez Arias- Xefe de Sección de Sanidade e Produción Vexetal
- María Dolores Vila Corbeira- Xefa de Sección de Sanidade e Producción Vexetal
Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2016
12/Abril/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 16 E 179 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
SÁBADO, 16 DE ABRIL:
-
- 13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
- 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
- 15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
- 17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 17 DE ABRIL:
-
- 10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
- 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
- 17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “LEMBRANZA”.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa. A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
Axudas da Xunta de Galicia a personas con discapacidade
04/Abril/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal
Normativa: Orde do 8 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade. (DOG nº 53 do 17/03/2016)
Obxecto:Convocar axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade colaborar neste tipo de gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2016.
Serán financiables só as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.
SOLICITUDES e Documentación na SEDE XUNTA DE GALICIA
Lugar de presentación: Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Consellería de Política Social .- Nos servizos sociais DO CONCELLO DE XOVE. En calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación: Dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 18 de maio de 2016 (por ser o día 17 inhábil).
Leer más:Axudas da Xunta de Galicia a personas con discapacidade
XXVI Curso de Música de Semana Santa en Xove
25/Marzo/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Presentación do XXVI Curso de Música de Semana Santa
16/Marzo/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xove, presentouse o XXVI CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA; nesta presentación participaron: -JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO, ALCALDE DE XOVE -DOLORES MEITÍN, CONCELLEIRA DE CULTURA. -XAN CARBALLAL, DIRECTOR DO XXVI CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA. PROGRAMA (PDF)
datas: CONCERTO DE CáMARA, XOVES 24 ás 18:00 -----<>-------- CONCERTO FINAL, VENRES 25 ás 18:00
Competencias clave para o ano 2016
15/Marzo/2016
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Dirixido a todas as persoas que desexen realizar as probas de avaliación e competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto o prazo para inscribirse nas probas das Competencias Clave ata o 02/04/2016
Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
- - Comunicación en lingua galega.
- - Comunicación en lingua castelá.
- - Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
- - Competencia matemática.
Resolución do 26 de febreiro de 2016 - DOG do 11 de marzo de 2016 -, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación
Enlace con máis información: http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave
Se tés interese en inscribirte podes pasarte polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
Actos do Día Internacional da Muller Traballadora
09/Marzo/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Dentro dos actos programados polo noso Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, hoxe tivemos un dos máis emotivos. Como recoñecemento a toda unha vida adicada ao traballo e aos seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª CONSTANTINA LÓPEZ MARTÍNEZ, a persoa máis maior de Xove. Constantina, quen aos seus 99 anos inda mantén unha presencia e unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores. Tamén aproveitou o alcalde para facer unha visita á Residencia San Bartolomé de Xove onde lle fixo tamén un recoñecemento e un agasallo á persoa máis maior da Residencia, concretamente Dª Herminia López Paez, de 96 anos.
Recordamos que as actividades do Concello de Xove para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora continúan:
-
- Sábado, día 12 de marzo: Ás 17:00 horas na Oficina de Información Xuvenil, OBRADOIRO DE IGUALDADE SOBRE A PELÍCULA “BILLY ELLIOT”. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos.
- Domingo, 13 de marzo: Ás 17:30 horas no Salón de Actos, IX CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”.
Plan de Emprego en Xove
09/Marzo/2016
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Fácemonos eco dunna nova publicada no periodico "La Voz de Galicia" o pasado 7 de marzo de 2016 sobre o noso Plan de emprego.-
XA SON BENEFICIARIOS DO PLAN DE EMPREGO DE XOVE...
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|