Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Actividades na Escola Infantil o Día da Muller Traballadora
08/Marzo/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Con motivo do “Día Internacional da Muller Traballadora” a Escola Infantil de Xove organizou as seguintes actividades: Durante a semana os nenos e nenas da gardaría colaboraron na realización de tres murais onde se representaban diferentes oficios: perruqeir@s, mecánic@s e cociñeir@s.
Patinando na TVG 2016
02/Marzo/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
XV Festa do “Polbo da Pedra” en Xove
01/Marzo/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Somos un grupo de hosteleiros de Xove que queremos contribuir a promocionalo noso Pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da Comarca, cremos que temos productos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o “polbo da pedra”, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un producto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos. Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de Lugo (especialmente no que atinxe ós nosos portos de Morás e Portocelo) é un polbo distinto do que se acostuma a tomar noutros lugares e feiras de Galicia; o noso é un polbo cunha cor máis escura, os raxos son máis longos e a cabeza máis pequena, e cremos tamén, inda que esta é unha opinión particular, que se trata dun polbo de máis calidade que ese outro que se colle sobre todo nas grandes rias.
data de celebración : 24 de marzo(Xoves Santo)
Xa imos pola XV edición, o que quer decir que esta Festa consolídase ano a ano, o que nos enche de orgullo. Para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 1.500 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Decir, neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboramos diferentes e novas recetas cada edición, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.
A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Cafetería “A Roda”, Pizzería “A Fuga”, “O Refugio”, “Club Palmeiro”, “Cafetería-Pulpería “Bar Cociña”, Cafetería “Centro Cívico”, “O Cabaliño”, Pizzería “Onde Sempre” e Restaurante “Terra Mar”. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración do Concello de de Xove, e ACIAM. Tamén, durante a Festa, imos a disfrutar da música tradicional de Saiñas de Xove, quens coas súas gaitas e tambores van animar a xornada.
Por último, aproveitamos para animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica.
Programa Benestar en balnearios 2016 da Xunta de Galicia
18/Febreiro/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Dos meses antes que o ano pasado, a Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia as bases que rixen este programa para o presente ano. As súas características son as mismas: estancias de 10 días en régimen de pensión completa en establecimiento termal, durante os cales as personas beneficiarias recibirán tratamientos termales adecuados a su estado de salud, previamente valorado por personal médico y serán participantes de actividades de animación sociocultural. Ofertanse un total de 600 plazas e o programa se desarrollará entre marzo y diciembre de este ano. Prazo presentación de solicitudes Ata o 7 de marzo de 2016. --->+info
Os establecementos termais nos que se ofertan prazas son os que a continuación se relacionan:- Balneario de Acuña - Caldas de Reis (Pontevedra)- Balneario de Arnoia (Ourense)- Balneario de Augas Santas - Ferreira de Pantón (Lugo)- Balneario de Baños de Brea - Vila de Cruces (Pontevedra)- Balneario de Baños de Molgas (Ourense)- Balneario de Caldelas de Tui - Tui (Pontevedra)- Gran Balneario de O Carballiño (Ourense)- Balneario de Carballo (A Coruña)- Termas de Cuntis (Pontevedra)- Balneario de Laias - Cenlle (Ourense)- Balneario de Lobios - Lobios (Ourense)- Balneario do Río Pambre - Palas de Rei (Lugo)- Balneario Termas Romanas - Lugo- Balneario de Guitiriz (Lugo)- Balneario A Toxa (O Grove -Pontevedra)
Persoas beneficiarias Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
- Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
- Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
- Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
Leer más:Programa Benestar en balnearios 2016 da Xunta de Galicia
Novo vehículo para o Servizo Municipal de Vixiancia
04/Febreiro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
El Servizo de Vigiancia Municipal del Ayuntamiento de Xove ya dispone de la mejor y más moderna tecnología para la Vigilancia Municipal, un Mokka 4X2 muy equipado. Desde #Aceñamovil hemos apostado por dotar también en este vehículo el sistema OnStar*, siendo así el primer organismo de Galicia que cuenta con un coche que incorpora en su interior tecla SOS de conexión directa con los servicios de emergencia y que les permitirá actuar de manera inmediata en sus intervenciones para la tranquilidad y seguridad de sus vecinos.
Premiados no Concurso de Caretas de Antroido 2016
29/Xaneiro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Estos foron os concursantes que resultaron premiados ...
Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
- 1º Premio: (REX. Nº 15) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
- 2º Premio: (REX. Nº 19) AROA PITA RODRÍGUEZ.
- 3º Premio: (REX. Nº 31) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA.
Categoría 1º e 2º de Primaria:
- 1º Premio: (REX. Nº 27) CARLA CASABELLA LAGE.
- 2º Premio: (REX. Nº 14) MARCOS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ.
- 3º Premio: (REX. Nº 29) SABELA RAMOS DAYAN.
Categoría 3º e 4º de Primaria:
- 1º Premio: (REX. Nº 18) JUDITH SUÁREZ AZOGUE.
- 2º Premio: (REX. Nº 34) MIRIAM MEJUTO GARCÍA.
- 3º Premio: (REX. Nº 33) DANIEL BERTOLO CASABELLA.
Categoría 5º e 6º de Primaria:
- 1º Premio: (REX. Nº 11) TATIANA FRAGA FERNÁNEZ.
- 2º Premio: (REX. Nº 36) ABRAHAM BLANCO RODRÍGUEZ.
- 3º Premio: (REX. Nº 39) ALEJANDRO PARAPAR FERNÁNDEZ.
Categoría 1º a 4 º de ESO:
- 1º Premio: (REX. Nº 7) ALVARO IGLESIAS GARCÍA.
- 2º Premio: (REX. Nº ) DESERTO.
- 3º Premio: (REX. Nº ) DESERTO.
Ofertas de Emprego dentro do Plan de Fomento de Emprego da Diputación Provincial
27/Xaneiro/2016
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia de Lugo, encontrase en constante busca de novas ferramentas e fórmulas concordantes cos obxectivos primarios que conforman o proxecto. Estas metas elementais son as seguintes:
- Dinamizar o tecido empresarial.
- Mellorar a empregabilidade dos lucenses.
- Facilitar a inserción no mercado laboral dos traballadores desempregados da provincia de Lugo.
En converxencia co último dos obxectivos descritos, dende o Ben Empregado poñemos en funcionamento unha Bolsa de Emprego cuxo propósito será o de achegar aos cidadáns lucenses en situación de desemprego, as ofertas de traballo que non foron cubertas mediante o proceso selectivo que recollen as bases do programa.
CONSULTA AQUÍ AS ULTIMAS BOLSAS DE EMPREGO !!
Prestación económica por fillos/as menores de 3 anos
27/Xaneiro/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
A Xunta de Galicia, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos de crianza dunha filla ou fillo establece unha axuda a persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías).Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar polas fillas ou fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2016. A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte: Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros; cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros e cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os requisitos sinalados na Orde do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, modificada pola Orde do 31 de agosto de 2015, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.
Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio. Prazo de presentación: Ata o 7 de marzo de 2016.
MAIS INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO
ENLACE Á SEDE ELECTRONICA DA XUNTA DE GALICIA
Entroido Xove 2016
20/Xaneiro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
As actividades van comezar o venres, 5 de febreiro, co FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove. Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 6 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte: -16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo de “BLOQUINHO DE XERMOLOS” de Guitiriz. -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación. -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓVIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas, e tamén aos gañadores do Concurso de Caretas de Entroido da Biblioteca Municipal. -22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido. A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.
XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ANTROIDO 2016" EN XOVE .- a mesma hai que realizala en: -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 5 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001. -O mesmo día do desfile (6 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial. O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA
Para rematar, a Concellería de Xuventude, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, programaron o Obradoiro “ENTROIDO E GLOBOFLEXIA”, que se vai a desenvolver nos locais da OMIX o luns, 8 de febreiro, en horario de 16:00 a 18:00 h. Este obradoiro vai dirixido a mozos e mozas de 10 a 12 anos; a inscrición para este obradoiro pode formalizarse na OMIX ata o 4 de febreiro.
Cursos solicitados á Xunta de Galicia para impartir polo Concello de Xove
18/Xaneiro/2016
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Dende o Departamento de Emprego, e para o coñecemento xeral fánse publicos os seguintes cursos solicitados á Xunta de Galicia e que se transcriben de seguido:
- AFDP0209 Socorrismo Acuático En Espazos Naturais .-Requisito de acceso: ESO ou similar (nivel 2) e preferentemente persoas desempregadas .-Duración: 438 h/ previsiblemente en horario de tardes.-Diploma da Xunta de Galicia.,- Certificado de Profesionalidade . Máis información: Concello de Xove 982592001.- As persoas interesadas en realizar o curso no caso de ser concedido pola Xunta de Galicia dirixirse ao Concello de Xove. Departamento de Emprego e Desenvolvemento local .-CURSO GRATUÍTO con prácticas.
- SSCS0208.- Atención Sociosanitaria A Persoas En Institucións .- Requisito de acceso: ESO ou similar (nivel 2) e preferentemente persoas desempregadas.- Duración: 468 h/ previsiblemente en horario de mañás.- Diploma da Xunta de Galicia.- Certificado de profesionalidade.- Máis información: Concello de Xove 982592001 .- As persoas interesadas en realizar o curso no caso de ser concedido pola Xunta de Galicia deberán dirixirse ao Concello de Xove. Departamento de Emprego e Desenvolvemento local .- CURSOS GRATUÍTO con prácticas .
TVG: Dende a Piscina Municipal de Xove
14/Xaneiro/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Programa de "O que pasa aquí" da TVG, grabado onte na Piscina Municipal de Xove.
Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal
12/Xaneiro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consisten en material escolar e un Diploma Acreditativo. Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces. Os/as premiados/as no Concurso, foron:
Leer más:Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal
Concurso de Caretas de antroido 2016
12/Xaneiro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende o Concello de Xove, convocanse o concurso de caretas de Antroido no que haberá cinco categorías de premios: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Os premios consistirán en lotes de material escolar cunha valoración mínima de 27,00 euros. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno. Neste caso, a contía total destinada aos premios poderá repartirse en partes iguais entre os gañadores. A contía máxima prevista destinada aos presentes premios é de 405,00 €, con cargo á partida 334.481 do Estado de Gastos do Orzamento Municipal.
Requisitos dos participantes.- Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO)
A documentación a presentar será a seguinte: -Ficha de inscrición establecida ao efecto que deberá presentarse, xunto coa postal a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 26 de xaneiro.
------CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA -->
Máis Nadal 2015-2016
30/Decembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Pasado prácticamente o ecuador, o nóso Concello continúa coas actividades programadas para este Nadal.
-
- Festa Infantil de Fin de Ano. Vaise desenvolver mañá, xoves 31 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 h, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. Na mesma, os nenos/as asistentes van disfrutar dunha auténtica festa, con uvas, campanadas e champín.
- Actuación do Grupo de Teatro de Sombras Luz, Micro y Punto coa obra “ON EL FUNAMBULISTA”. Esta actuación vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico xa o vindeiro ano, concretamente o domingo, 3 de xaneiro a partires das 19:00 horas. Trátase dun espectáculo axeitado para tódolos públicos, en especial para nenos/as de 4 anos en diante. Esta actuación, cunha duración aproximada de unha hora, entra dentro do chamado teatro de sombras.
- Día do Neno.- Tradicional día adicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal. Vaise desenvolver o vindeiro luns, 4 de xaneiro, na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h e Inchable no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 h.
Termalismo Social IMSERSO.-
29/Decembro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Dende o Goberno Central convocanse Servizos de Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido, tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final, Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario, Póliza colectiva de seguro turístico, Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios. O Imserso contribuirá, mediante achega directa ao establecemento termal, ao financiamento do custe das prazas con unha achega media por praza de 170,63 euros, oscilando o seu importe entre 128,70 euros e 214,50 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento.
- Documentación: Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2014, deberá formalizar nova solicitude e informe médico: Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
- Lugar de presentación: Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de trámites : Servizos Sociais Comunitarios. Centros dependentes da Consellería de Politica Social (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.) Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
- Prazo de presentación: Para participar no proceso de adxudicación de praza: Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2016. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 11 de maio de 2016. Máis información: Balnearios participantes. Folleto informativo.-Web IMSERSO .- Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080
PROGRAMACIÓN NADAL DO CONCELLO DE XOVE
25/Decembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
-
- V CONCURSO DE KARAOKE.- O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá sábado 26 de decembro, un dos pratos fortes deste amplo programa de actividades coa celebración da QUINTA EDICIÓN do CONCURSO DE KARAOKE, que se vai desenvolver a partires das 21:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, esperando que, coma o pasado ano, o público encha este emblemático recinto municipal. Dende o Concello aproveitamos para invitar a todo o mundo, veciño e visitantes, deste magnífico espectáculo músico-vocal. A entrada ao mesmo e TOTALMENTE LIBRE E GRATUITA.
- CONCERTO DE ESCOLMA DE MEUS.- Para rematar esta primeira semana de Nadal, o domingo, 27 temos un Concerto de ESCOLMA DE MEUS, a partires das 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Civico. Este grupo músico-vocal, de cáseque unha quincena de componentes de toda a Mariña, vannos interpretar clásicos como La Bella Lola, Cantinero de Cuba, etc., e tamén música popular galega como Adiós Ríos Adiós Fontes ou Catro Vellos Mariñeiros,…
navidad2015 https://picasaweb.google.com/lh/myphotos
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|