* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Aluguer das antigas vivendas de mestres
04/Decembro/2012
Departamento de Servizos Sociais
Polo presente faise público que no prazo dos 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste Anuncio no BOP de Lugo poderánse presenta-las solicitudes para participar no procedemento de adxudicación en réxime de aluguer con renda social por prazo de un ano, de tres vivendas de titularidade municipal ubicadas na Rúa Agramonte (antigas vivendas de mestres). As bases regulamentadoras do procedemento asi como os impresos e modelos a cumplimentar, atopánse o dispor dos interesados nas dependencias dos Servicios Sociais Municipais.
Lembrase que, entre outros, é requisito necesario para ser admitido que o solicitante asi como a súa unidade familiar ou de convivencia leven empadroados e con residencia efectiva ininterrompida no Concello de Xove desde polo menos o 1 de xaneiro de 2009.
Xove a 22 de novembro de 2012.- O ALCALDE, José Demetrio Salgueiro Rapa.
Plan piloto en Xove sobre compostaxe doméstico
30/Novembro/2012
Delegación de Agricultura
O noso Concello vai participar nun Plan Piloto de SOGAMA sobre compostaxe doméstico. No mesmo van participar 30 familias de Xove, a cada unha das cales se lle vai entregar un composteiro, que é un recipiente que se utiliza para facer compostaxe. No momento en que se lles entregue, a cada familia váiselle dar unha explicación para que poidan usar o composteiro de forma correcta.
Calquer persoa ou familia, a partires de agora mesmo, que queira participar nesta experiencia piloto, o pode facer apuntándose na Oficina de Dolores Meitín, a Concelleira de Agricultura do noso Concello.
Con este plan piloto trátase, en definitiva, de recuperar unha práctica tradicional en Galicia como é a separación dos desperdicios orgánicos, ben para alimento de gando ou ben para fabricación de abono. A diferenza é que agora modernízase o proceso, dotando aos fogares participantes cos medios necesarios.
O Concello de Xove, a través da Delegación de Muller e Igualdade, anima a todos os veciños e veciñas e as institucións (asociacións, empresas, organizacións,…) a unirse ao rexeitamento contra a violencia de xénero, a través da súa adhesión a este manifesto.
Non debemos saltarnos os sinais dos malos tratos. Só denunciando a súa presenza conseguiremos que se abra unha ventá nova de esperanza e de futuro. Todos e todas debemos loitar contra a violencia de xénero.
O Concello de Xove é consciente de que só a través da responsabilidade compartida polo conxunto da cidadanía e dos poderes públicos, conseguirase erradicar a violencia de xénero.
A violencia de xénero non é un problema de ámbito privado, senón que afecta a toda a sociedade en xeral. É unha lacra social, un atentado á dignidade das persoas. A súa manifestación impide o desenvolvemento dunha sociedade de benestar, baseada en valores de igualdade e de respecto. Debemos, por tanto, axuntar esforzos e compromisos se queremos que esta violencia desapareza.
Por todo isto, o Concello de Xove subscribe este Manifesto contra a Violencia de Xénero Asumindo o compromiso social de rexeitar esta violencia, denunciando calquera acto en contra da integridade da Muller, apoiando ás vítimas, e transmitindo ás novas xeracións o respecto á igualdade de homes e mulleres.
Co convencemento de que non existen trabas ideológicas nen políticas nesta loita, animamos a que toda a cidadanía asine este manifesto e adquira o compromiso de rexeitamento contra todas as manifestacións da violencia de xénero.
Xuntos polo Nadal
23/Novembro/2012
Departamento de Servizos Sociais
A Secretaria Xeral de Politica Social convoca este programa na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e na de Panxón en Nigrán (Pontevedra) para que aquelas persoas maiores que se atopen soas no Nadal poidan pasar estas datas acompañadas doutras que se atopan na mesma situación.
O programa contempla o aloxamento en réxime de pensión completa durante 10 dias que computan dende o dia 23 de decembro pola mañan ata o dia 1 de xaneiro despois do xantar.
Haberá servizo de transporte gratuito dende as 7 grandes ciudades.
Requisitos:
• Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista.
• Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
• Non estar acollido en ningún centro residencial.
• Ter un nivel de ingresos económicos baixo.
• Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
Documentación:
• Solicitude.
• Declaracion responsable.
• Informe social.
• No caso de ingresos procedentes do extranxeiro, certificación deses ingresos.
Os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM ( 532,51€) asistirán de forma gratuita ao programa, mentras que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €. Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 5 de decembro
concurso de Karaoke 2012
21/Novembro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
Premios : Haberá tres categorías: Peques, iunior e veteranos. En cada unha destas categorías premiarase a “Mellor voz” (2 premios) e “Mellor caracterización”. No primeiro caso, para a concesión do premio, o xurado atenderá á calidade da voz, modulación ou entonación. No segundo caso valorarase o vestiario, maquillaxe e aspectos similares.
Peques. Poderán participar nesta categoría os menores de 12 anos.
1º Premio á “Mellor voz”: 30 €
2º Premio á “Mellor voz”: 30 €
Premio á “Mellor caracterización”: 30 €
Iunior. Poderán participar nesta categoría as persoas que teñan 12 anos ou máis e que non cumpriran os 18 anos.
1º Premio á “Mellor voz”: 60 €
2º Premio á “mellor voz”: 60 €
Premio á “Mellor caracterización”: 60 €
Veteranos Poderán participar nesta categoría as persoas que teñan 18 anos ou máis.
21/Novembro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
Un ano máis a Biblioteca Municipal de Xove, dependente da Concellería de Cultura, organiza unha nova edición do CONCURSO DE POSTAIS “NADAL 2012-2013”, dirixido a tódolos nenos/as e rapaces/as do Concello que o desexen.
Para participar deberán presentar postais, que lóxicamente estarán relacionadas con motivos navideños. Os traballos realizaranse en cartulina, folio, etc, axustado ao tamaño dunha cuartilla (a metade dun folio), sendo libre a técnica a empregar: rotulador, cera, collage, debuxo, etc.
Unha vez realizado o traballo, as postais haberá que entregalas na Biblioteca Pública Municipal de Xove, remantando o prazo de entrega o 21 de decembro, incluido. No momento da entrega, os/as participantes deberán cubrir unha “ficha de inscrición” no concurso.
No Concurso haberá cinco categorías:
Categoría Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos)
Categoría 1º e 2º de Primaria
Categoría 3º e 4º de Primaria
Categoría 5º e 6º de primaria
Categoría 1º a 4º de ESO.
En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.
O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de xaneiro, realizándose a entrega de premios despois de finalizada a Cabalgata de Reis.
Aberta a Exposición “Galicia Biodiversidade” en Xove
05/Novembro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
Hoxe, pola mañá, abriu na Sala de Exposicións do Centro Cívico a Exposición GALICIA BIODIVERSIDADE, na cal, a través de máis dunha vintena de paneis, abórdanse unha serie de temas sobre a biodiversidade de Galicia: hábitats de Galicia, paisaxes e formas, flora, aves, uso tradicionais da biodiversidade, etc.
Esta exposición, organizada pola Xunta de Galicia, conta en Xove coa coordinación do noso Concello, e a colaboración do CEIP Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón.
A exposición vai estar en Xove os dias 5, 6 e 7 de novembro. Pola mesma van pasar a maioría dos alumnos do Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón. Concretamente o calendario de visitas destes centros educativos é o seguinte:
Luns, 5 de novembro:
11:15 horas.- 26 alumnos de 4º de Primaria.
12:30 horas.- 19 alumnos de 3º de Primaria.
13:40 horas.- 31 alumnos de 3º e 4º de ESO.
16:30 horas.- 36 alumnos de 1º e 2º de ESO.
Martes, 6 de novembro:
11:15 horas.- 17 alumnos de de 5º de Primaria.
Mércores, 7 de novembro:
11:15 horas.- 28 alumnos de 6º de Primaria
Nesta visita os alumnos van contar con Lua, unha doctora en bioloxía que vai realizar unha explicación en vivo dos paneis expostos, respostando tamén a tódalas preguntas que os nenos e rapaces lle poidan facer. A visita escolar vai rematar co visionado dunha película sobor do tema. Ademáis disto, a exposición vai estar aberta tamén para o público en xeral o luns 5 e o martes 6 en horario de 16:00 a 20:00 horas.
AcdXove: Ruta de Fin de Tempada. Apuntate!
31/Outubro/2012
Concellería de Deporte e Turismo
Para o vindeiro domingo día 11 de Novembro, o grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, esta a preparar a Ruta Clausura da Tempada-2012.
Farase a Ruta "Costa de Xove II", con saída na Praia de Portocelo, para levarnos todo pola Costa ata o Cabo Morás. Un total de 12.5 km. visitando, miradoiros de gran beleza natural (Punta Merixe, Coto da Vela, Illa de Sarón, A Atalaia, O Coitelo, etc...)
A continuacion, unha vez feita a Ruta, o grupo xuntarase no Restaurante "A Cancela" de Moras, para xantar un cocido galego.
Programa:
as 10:00h. Xuntanza de todolos Sendeiristas no Rte. A Cancela de Morás.
as 10:15h. Saída para a Praia de Portocelo en Autobús.
as 10:30h. Saída da Ruta.
as 14:00h. Chegada a o Rte. A Cancela e xantar.
INFORMACION E INSCRICION: na Piscina Municipal de Xove, ata o xoves día 8. Inscrición GRATUITA.
Prezo do Cocido Galego: 18.-€/persoa.
Homenaxe ós Campións de España de Bolo Celta
25/Outubro/2012
Concellería de Deporte e Turismo
Homenaxe os Campións de España
Recentemente o Club de Bolos Xove desprazouse ao Campionato de España de Bolos Celtas, celebrado os pasados dias 13 e 14 de outubro nos campos de La Panera (Cangas de Narcea – Asturias) e campos de San Roque (Tineo – Asturias), desenvolvéndose as finais neste último campo.
Os resultados polos xuvenís do Club de Bolos Xove foron os seguintes:
En CATEGORÍA INDIVIDUAL os dous finalistas foron ALEX MEITÍN SERANTES (CAMPIÓN) E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN (SUBCAMPIÓN), ámbolos dous do CLUB DE BOLOS XOVE. En CATEGORÍA PARELLAS XUVENÍS, os anteriores ÁLEX MEITÍN SERANTES E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN proclamáronse tamén CAMPIÓNS DE ESPAÑA nesta categoría. Nesta mesma categoría o xogador xovense CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO, formando parella con DAVID DÍAZ do Club de La Panera, clasificouse en TERCEIRA POSICIÓN final.
Pois ben, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias, recibeu onte ás 19:00 horas no Salón de Plenos aos tres xogadores do Club de Bolos Xove que tan excelentes resultados tiveron no Campionato de España, convertindo ao Club, e por ende ao noso Concello, nun referente desta modalidade deportiva. Na súa intervención, o Alcalde felicitou aos tres xogadores (Alex Meitín, Óscar Pérez e Cristian Rodríguez) e animounos a seguir por traballando para continuar por esta senda dos éxitos.
Festa do Samaín na Oficina de Información Xuvenil
23/Outubro/2012
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
A Oficina de Información Xuvenil e a Delegación Municipal de Xuventude organizan para os días 26 e 27 de outubro distintas actividades para festexar o SAMAÍN.
O día 26 dende as 16:30 horas levarase a cabo o baleirado de cabazas, que posteriormente empregaranse para a decoración do Centro Xuvenil.
O día 27, dende as 16:30, terán lugar no Centro diferentes xogos relacionados co Samaín.
Estas actividades están dirixidas a tódolos rapaces e rapazas do Concello, de idades comprendidas entre os 11 e 30 anos.
Visita Cultural “Catamarán por Amandi” da Escola de Maiores
19/Outubro/2012
Departamento de Servizos Sociais
Un total de 38 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove, acompañadas pola Educadora Familiar Angélica Casabella e pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, realizaron a Ruta “CATAMARÁN POR AMANDI” do Programa Km 0 da Deputación de Lugo.
O itinerario comezou cunha recepción na Deputación de Lugo, por parte da Deputada de Medio Ambiente. A continuación, visitaron a Fundación TIC. Posteriormente, desprazáronse á Ribeira Sacra para realizar unha travesía fluvial polo canón do Sil. Durante o desenvolvemento do programa, fíxose unha parada para xantar.
Esta saída forma parte do programa da Escola de Maiores,que durante o curso 2012-2013 incluirá realización de dúas visitas culturais a localidades galegas.
A maioría formada por UGT e CC. OO. no comité de empresa da fábrica de Alcoa en San Cibrao decidiu á primeira hora da tarde desconvocar as mobilizacións programadas, entre elas a manifestación de mañá en Burela. A decisión foi tomada tras a reunión que esta mañá tivo lugar en Madrid e na que participaron os presidentes dos comités de empresa das fábricas de San Cibrao, A Coruña e Avilés, co presidente da multinacional do aluminio en España, José Ramón Camiño. «Camiño dixo que a orde ministerial establece o marco regulador que solicitaba Alcoa para facer que o contrato que negocien sexa competitivo para seguir producindo as fábricas de Primario», sinalou Combarro. A principal «garantía» é que Alcoa retomou nos últimos días a formalización de pedidos para o próximo ano, «algo que estaba detido pola incerteza que había coa enerxía». En calquera caso, e a iniciativa da CIG, o comité pretende reunirse mañá coa dirección da fábrica mariñá para que os seus membros reciban a información que hoxe se facilitou aos presidentes dos comités.
Aberto o prazo para solicitar árbores durante o ano 2012
16/Outubro/2012
Delegación de Agricultura
O prazo para solicitar ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN, estará aberto no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes (Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.) dende o día 29 de outubro ata o 21 de decembro de 2012.
16/Outubro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
O pasado sábado 13 de outubro tiña que celebrarse a tirada de bolos municipal do Club Social de Palmeiro, pero non se celebrou, xa que se suspendeu debido a que un nutrido grupo de tiradores do CLUB DE BOLOS XOVE desprazouse a Asturias a participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍAS XUVENIL, FEMENINA E VETERANOS. Este Campionato de España celebrouse os dias 13 e 14 de outubro nos campos de La Panera (Cangas de Narcea – Asturias) e campos de San Roque (Tineo – Asturias), desenvolvéndose as finais neste último campo.
Os resultados obtidos pódense calificar de espectaculares, especialmente en categoría xuvenil.
En CATEGORÍA XUVENIL os dous finalistas foron ALEX MEITÍN SERANTES (CAMPIÓN) E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN (SUBCAMPIÓN), ámbolos dous do CLUB DE BOLOS XOVE.
En CATEGORÍA PARELLAS XUVENÍS, os anteriores ÁLEX MEITÍN SERANTES E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN proclamáronse tamén CAMPIÓNS DE ESPAÑA nesta categoría. Nesta mesma categoría o xogador xovense CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO, formando parella con DAVID DÍAZ do Club de La Panera, clasificouse en TERCEIRA POSICIÓN final.
En CATEGORÍA FEMININA a xovense CARMEN ROCA CORRAL quedou nunha moi meritoria CUARTA POSICIÓN, despois, iso sí, de perder coa actual campiona de España. Outra xovense, BELÉN METÍN, sigueulle na clasificación, acadando a QUINTA POSICIÓN.
Xa en CATEGORÍA VETERANOS,os xovenses ARTURO RODRÍGUEZ e JOSÉ BAÑO tiveron unha discreta actuación, acadando os postos 12 e 13 respectivamente.
Campaña “en Galego enténdote, non cambies”
11/Outubro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de Xove fomenta o deporte en galego.- O Concello de Xove está a desenvolver unha campaña publicitaria, subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego a través do deporte.
Este proxecto ten dúas accións: Asesoramento ás entidades deportivas para a normalización e normativización da súa documentación, para que o galego sexa a súa lingua de comunicación. Esta acción desenvolveuse coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade da Mariña.
O vindeiro LUNS 15 DE OUTUBRO ábrese o prazo no Concello de Xove para solicitar bolsas e axudas ao estudio para o Curso 2012-2013, que vai estar aberto ata o 20 de novembro, incluido. A tramitación dos expedientes de solicitude hai que realizala no Departamento de Servizos Sociais do Concello.
En canto ás contías de cada modalidade, temos:
1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha
4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
a.- Preescolar: 65,00 €
b.- Primaria e ESO: 60,00 €
c.- Bacharelato: 125,00 €
d.- Ciclos formativos: 125,00 €
5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.
A contía prevista para esta actuación na presente convocatoria é 40.000 euros
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K